26
Set

Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego.

Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC - Auditorio 2

Engadir ao calendario

Título: Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC – Auditorio 2 Santiago de Compostela
Data: 26/09/2024
Hora: 10.30 h – 13.30 h

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro 26 de setembro a xornada “Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego”.

O evento, que se celebrará na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, permitirá coñecer de primeira man casos de uso nos que se revela o potencial do deseño para favorecer a diferenciación, a funcionalidade, a experiencia de usuario, a sustentabilidade e a accesibilidade, entre outros factores.

As cinco empresas participantes expoñerán a necesidade que orixinou os seus proxectos, as colaboracións con profesionais do deseño para desenvolvelos, as dificultades atopadas e como se abordaron e os beneficios obtidos da aplicación dos seus resultados.

A cita, organizada no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, está aberta a profesionais do deseño das diferentes áreas de especialización, estudantes, empresas galegas de todos os sectores de actividade e calquera entidade interesada en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade nas súas organizacións.