24
Set

Info day programa do European Research Council e convocatoria Synergy Grant

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Info day programa do European Research Council e convocatoria Synergy Grant
Data: 24 de setembro de 2024
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela)
Horario: 10:00 a 13:30 h
Modalidade: presencial
Prazo de inscrición: ata o día 19 de setembro ás 14:00 h

O próximo 24 de setembro a Axencia Galega de Innovación celebrará un Info Day no que se presentarán o Programa de traballo do ERC 2025 e a actual convocatoria Synergy Grant.

A convocatoria Synergy Grant do ERC financia consorcios dun número reducido de IP —de dous a catro—, que poidan acreditar unha dilatada traxectoria persoal de logros científicos significativos, e que traballen conxuntamente para dar resposta a retos científicos que non poden abordarse de maneira individualizada.

Na xornada intervirán Leticia Riaza, Punto Nacional de Contacto do ERC para España na FECYT, e a Directora da Área de Transferencia e Talento da Axencia Galega de Innovación, María José Mariño, que presentará os apoios do Programa Oportunius. Ademais o acto contará coa participación de persoal investigador titular de proxectos do ERC, que compartirá a súa experiencia na preparación de candidaturas: Diego Peña, Investigador Oportunius adscrito ao CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela e gañador dunha Synergy Grant (2020); Sebastián Villasante, Investigador Oportunius adscrito ao CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela e gañador dunha Consolidator Grant (2020); e Elena Pazos, Investigadora Ramón y Cajal adscrita ao CICA da Universidade da Coruña e gañadora dunha Starting Grant (2019). O coloquio será moderado por Jose Mahía Saavedra, Director da Oficina de Captación de Persoal Investigador da Universidade da Coruña.

Pode consultar aquí toda a información do programa. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón. O prazo de inscrición remata o día 19 de setembro ás 14:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico oportunius.gain@xunta.gal.