29
Feb

Nova convocatoria Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP)

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Nova convocatoria Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP)
Data: 29 de febreiro
Hora: 10:00 horas
Modalidade: Presencial e online
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

Esta xornada céntrarase na nova convocatoria do denominado Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP), que financia proxectos que teñan que ver con todos os sectores relacionados co mar.

As presentacións correrán a cargo dos puntos nacionais de contacto para o Partnership, Cristina Gracia e Héctor González. A convocatoria en detalle pode consultarse neste enlace (pdf).

Existirá a posibilidade de manter reunións bilaterais cos puntos nacionais de contacto se así se solicita no formulario de inscrición.

Documentación