Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Fundación Barrié, realiza o próximo 7 de febreiro unha xornada sobre o Programa IGNICIA Proba de Concepto para presentar a spin-off de Gradiant, Sense Aeronautics, como un dos casos de éxito do Programa. Ademais, tamén se darán a coñecer os nove proxectos seleccionados na convocatoria 2023 e contarase coa intervención de Xesgalicia para falar da captación de investimento en proxectos tecnolóxicos. Por último, propiciarase un espazo de networking para o contacto entre entidades.
Poden atopar información máis detallada no programa achegado.
Para cualquera pregunta, pode poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico servizos.gain@xunta.gal ou nos teléfonos 981 541 076 / 981 541 079.