6
Feb

Espectáculo D’tec Día da muller e a nena na Ciencia 2024

CIS Tecnoloxía e Deseño

Engadir ao calendario

Título: Espectáculo D’tec Día da muller e a nena na Ciencia 2024
Data: 6 de febreiro de 2024.
Horario: 11:00 – 12:30h.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
Nivel educativo: Terceiro ciclo Primaria | Secundaria | Bacharelato | Formación Profesional.

A Axencia Galega de Innovación súmase á celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia organizando o próximo 6 de febreiro un espectáculo científico no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

O contido da actividade céntrase na reivindicación da importancia das mulleres científicas e as súas achegas ao longo da historia. Durante a charla presentaranse perfís biográficos de grandes científicas e realizaranse experimentos rechamantes que permitan ilustrar os seus campos de traballo.

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/programa-dtec-espectaculo-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia/