2
Feb

Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Vilagarcía de Arousa)

Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa (Avenida do Doutor Tourón, 46, Vilagarcía de Arousa)

Engadir ao calendario
  • Título: Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes
  • Data: 02/02/2024
  • Hora: 10.30 h.
  • Lugar: Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Sede de Vilagarcia (Avenida do Doutor Tourón, 46, Vilagarcía de Arousa)

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, celebran o próximo 2 de febreiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes.

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Tamén contaremos nesta xornada, con casos de éxito, contados por beneficiarios desta tipoloxía de axudas a través das súas experiencias.

Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Formulario de inscrición
Programa