RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CE0), celebran o próximo 31 de xaneiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes.
O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.
Tamén contaremos nesta xornada, con casos de éxito, contados por beneficiarios desta tipoloxía de axudas a través das súas experiencias.
Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.