25
Xan

Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Lugo)

Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª planta, Lugo

Engadir ao calendario
  • Título: Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes
  • Data: 25/01/2024
  • Hora: 10.30 h.
  • Lugar: Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª planta, Lugo

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), celebran o próximo 25 de xaneiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes.

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Tamén contaremos nesta xornada, con casos de éxito, contados por beneficiarios desta tipoloxía de axudas a través das súas experiencias.

Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Formulario de inscrición
Programa