21
Dec

Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño

Hotel Monumento San Francisco. Santiago de Compostela

Engadir ao calendario
  • Título: Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
  • Data: 21/12/2023
  • Hora: 18.30 h.
  • Lugar: Hotel Monumento San Francisco. Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación celebra o xoves 21 de decembro o acto de entrega da cuarta edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
Durante a cerimonia, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras destes galardóns, cos que se recoñece o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.
Profesionais de recoñecido prestixio integran o xurado que seleccionou as persoas e empresas finalistas para as categorías das que consta o certame:

  • Innovación:
    • Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos cinco anos: Centum Research&Technology, Mecanizados Rodríguez Fernández e Texas Controls.
    • Grande empresa: grandes empresas con actividade innovadora ao longo de, como mínimo, dez anos.
    • Traxectoria innovadora: líderes empresariais e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.
  • Deseño:
    • Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos cinco anos de recoñecido prestixio no sector: Álvaro Valiño, Tomás Alonso e Uqui Permui.
    • Talento emerxente: deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: Amalia Puga, Borja Regueiro e Ismael Velo.
    • Empresas: empresas consolidadas que incorporaron o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, dez años: Ascensores Enor, Costa Comunicación Visual e Visual MS.

Formulario de inscrición para asistir á cerimonia de entrega.