- Título: Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
- Data: 21/12/2023
- Hora: 18.30 h.
- Lugar: Hotel Monumento San Francisco. Santiago de Compostela
A Axencia Galega de Innovación celebra o xoves 21 de decembro o acto de entrega da cuarta edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
Durante a cerimonia, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras destes galardóns, cos que se recoñece o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.
Profesionais de recoñecido prestixio integran o xurado que seleccionou as persoas e empresas finalistas para as categorías das que consta o certame:
- Innovación:
- Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos cinco anos: Centum Research&Technology, Mecanizados Rodríguez Fernández e Texas Controls.
- Grande empresa: grandes empresas con actividade innovadora ao longo de, como mínimo, dez anos.
- Traxectoria innovadora: líderes empresariais e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.
- Deseño:
- Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos cinco anos de recoñecido prestixio no sector: Álvaro Valiño, Tomás Alonso e Uqui Permui.
- Talento emerxente: deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: Amalia Puga, Borja Regueiro e Ismael Velo.
- Empresas: empresas consolidadas que incorporaron o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, dez años: Ascensores Enor, Costa Comunicación Visual e Visual MS.
Formulario de inscrición para asistir á cerimonia de entrega.