Infoday de novas convocatorias Urbact e European Urban Initiative
8 de Abril
Título: Presentación do Proxecto AEROGANP
Data: 23/11/2023
Lugar: presencial e online
O vindeiro 23 de novembro a Axencia Galega de Innovación organiza a xornada de presentación do Proxecto AEROGANP, que ten como obxectivo o reforzo do ecosistema de innovación, ciencia e tecnoloxía creado arredor da Civil UAVs Initiative. Máis concretamente, AEROGANP potenciará a creación de redes de coñecemento e empresariais, fomentará a dixitalización e incidirá na mellora competitiva empresarial, en especial das pemes.
A xornada tamén servirá para lanzar catro pilotos tecnolóxicos que se desenvolverán no marco do proxecto. Cada un deles presentarase nun obradoiro no que se exporán os traballos e resultados agardados, e estará aberto á participación das pemes interesadas tanto en compartir as súas necesidades, para que poidan ser afrontadas nestes pilotos, como en testear os desenvolvementos resultantes.
O evento celebrarase en formato híbrido: presencial no Salón de Actos da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n, 15702, Santiago de Compostela) e online. De todos os xeitos, a participación nalgún dos catro obradoiros so poderá facerse presencialmente.