28
Nov

Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

On line

Engadir ao calendario

Título: Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade
Modalidade: Online
Data: 28/11/2023
Hora: 11.00 h

A Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC organizan a última cita deste ano co ciclo Conversas en rede, unha serie de diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade. Nesta ocasión, os profesionais invitados son os deseñadores María Ramos e Pablo Iglesias.

  • María Ramos. Deseñadora editorial e de tipografía. Licenciada en Publicidade pola Universidade de Vigo, ao comezo da súa carreira formou parte do equipo creativo de varios estudios de deseño galegos. Traballou como deseñadora gráfica e directora de arte en proxectos multidisciplinares, moitos deles vinculados ao sector editorial. En 2015 licenciouse no Máster en Deseño Tipográfico da Universidade de Reading (Inglaterra). Desde entón traballa como deseñadora de tipografía. É cofundadora de NM type, o selo tipográfico que comparte con Noel Pretorius. Parte do seu labor profesional inclúe tamén a investigación e a redacción de artigos en publicacións especializadas como Typographica ou Alphabettes, grupo do que forma parte desde 2016. Foi xerente da DAG – Asociación Galega de Deseño.
  • Pablo Iglesias. Deseñador en Lavelle Bikes, é un enxeñeiro de deseño enfocado na busca da óptima resolución dos proxectos de forma íntegra. Graduado en Enxeñería Industrial e especializado en maquinaria, desenvolve conceptos que cobren unha necesidade dende a idea ata a fabricación, avaliando todas as tecnoloxías dispoñibles e creando o sistema de fabricación. Destaca polas súas capacidades transversais, dende os ámbitos industriais máis estrictos ata proxectos con máis compoñente creativo. No que respecta aos procesos de fabricación, destaca nos procesados e no tratamento de metais. O seu traballo recibiu recoñecementos como o CIIG Mellor Startup Industrial do ano 2017 ou o Premio Paraugas 2023 do Clúster da Comunicación de Galicia ao mellor deseño de producto.

Esta conversa, retransmitida en streaming, busca abrir unha nova ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, da man de deseñadores e deseñadoras galegos con gran proxección internacional.

O ciclo de conversas é unha iniciativa desenvolvida no marco da Rede internacional de profesionais do deseño galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.