28
Nov

Software libre para xerar simulacións virtuais

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (Ferrol)

Engadir ao calendario

Título: Software libre para xerar simulacións virtuais
Lugar: Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (Ferrol)
Data: 28 de novembro de 9:30h a 11:30h

Segundo o “Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia”, adscrito a AMTEGA, Galicia ocupa a sexta posición estatal no uso de software libre entre as pemes e as grandes empresas.

Non obstante, no devandito uso obsérvanse diferenzas destacables atendendo ao sector. Se ben no sector servizos está entre o 70% en microempresas, e o 85,5% en empresas de 10 ou máis empregados/as, no sector da construción o uso do software libre vaise do 52% ata o 92,5%, e na industria, está entre o 67,8% e o 80,5%.

Nesta xornada, organizada en colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), daranse a coñecer algunhas das ferramentas de software libre que permiten desenvolver aplicacións virtuais.

En primeiro lugar, comezarase con GIMP, o programa de edición e retoque de gráficos máis popular do software libre, que permite crear texturas para os modelos 3D. A continuación, mostrarase o programa Blender, software de modelado 3D gratuíto e de código aberto, que permite crear os modelos 3D, no quew se utilizarán as texturas creadas. Finalmente verase GODOT, motor de xogos multiplataforma de código aberto e gratuíto, no que se poden importar os modelos 3D creados e xerar as aplicacións virtuais que se precisen.

A xornada desenvolverase sobre unha ferramenta de videoconferencia de software libre – Big Blue Button, xestionada por AMTEGA.