21
Nov

Xornada de presentación das vindeiras convocatorias de Horizonte Europa para Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura, Medio Ambiente e Clima

Engadir ao calendario

Data: martes 21 de novembro de 2023
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela) e online

Contaremos co Punto Nacional de Contacto para estas convocatorias en España, quen nos presentará en detalle as convocatorias con prazo de presentación en 2024 e manterá reunións bilaterais coas entidades interesados en realizar consultas particulares, como de costume. Pero a xornada tamén ofrecerá a posibilidade de asistir a un obradoiro no que aprenderemos a analizar a información das convocatorias: identificación da información fundamental e das palabras clave, entender o alcance que se agarda das propostas, etc.

A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n) a partir das 10.00h o día 21 de novembro, aínda que tamén se ofrecerá a posibilidade de asistir online. A asistencia require inscrición previa.