15
Nov

Xornada de presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a mobilidade e espazo

Engadir ao calendario

Ademais de profundizar nas temáticas e especificidades das distintas convocatorias que se presentan, levaranse a cabo duas sesións especializadas nas temáticas que se presentan. Por un lado, analizarase a situación do sector aeronáutico en Galicia e as axudas europeas dentro do marco Horizonte Europa para proxectos relacionados coas UAS. Por outro lado e de maneira paralela, profundizarase nos partenariados Horizonte Europa e nas convocatorias relacionadas coa mobilidade para o ano 2024. Nesta última sesión tamén se expoñerá unha idea de proxecto para que os participantes poidan recibir consellos de participación en convocatorias deste ámbito.

Contaremos coas persoas de contacto para estas convocatorias en España, que estarán dispoñibles para atender todo tipo de consultas e, se se solicita previamente, manter reunións bilaterais coas entidades interesadas.

A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n) a partir das 10.00h o día 15 de novembro, aínda que tamén se ofrecerá a posibilidade de asistir online. A asistencia require inscrición previa.