10
Nov

Presentación dos servizos de impulso á participación galega en Europa

Engadir ao calendario

Título: Presentación dos servizos de impulso á participación galega en Europa
Data: 10 de novembro de 2023 ás 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación e online

O retorno obtido polas entidades galegas en Horizonte Europa, o programa de financiamento da I+D+i europea, segue medrando respecto dos programas anteriores. A Axencia Galega de Innovación fixouse como reto para o periodo 2021-27 incrementar a participación das empresas, especialmente das pemes, neste programa e noutros instrumentos de financiamento. Neste contexto, para axudar ao tecido produtivo a posicionarse mellor nestes programas, vai pór en marcha unha serie de servizos que presentaremos o vindeiro 10 de novembro.

A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación a partir das 10.00h, aínda que tamén se ofrecerá a posibilidade de asistir online. A asistencia require inscrición previa.