7
Nov

Talleres de innovación ConectaOurense: plan de innovación nunha semana

Salón de plenos del Concello de Allariz

Engadir ao calendario

Título: Talleres de innovación ConectaOurense: plan de innovación nunha semana
Data: 7 de novembro de 2023
Lugar: Salón de plenos do Concello de Allariz. Praza Maior, 1 Allariz (localización)
Hora: 16:30 horas

A Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ofrecen un ciclo de dous talleres de Xestión da innovación nas PEMES, no marco da iniciativa Conecta Ourense e en colaboración co GDR 10 Limia-Arnoia, onde os directivos das empresas poderán aprender como facer o seu primeiro plan para empezar a innovar e identificar as capacidades e recursos necesarios para montar un departamento de innovación.

Co obxectivo de deseñar un plan de innovación seguindo unha metodoloxía que permita aliñar a innovación cos obxectivos do negocio e podan empezar a traballar en proxectos de impacto. Os asistentes recibirán un manual que completarán durante o propio taller cos elementos básicos do plan e os recursos necesarios para poñelo en práctica.