27
Out

Xemelgo Dixital no naval e outros sectores industriais. O proxecto Twin NavAux

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (Ferrol)

Engadir ao calendario

Título: Xemelgo Dixital no naval e outros sectores industriais. O proxecto Twin NavAux
Data: 27 de outubro de 2023, de 10h a 11:30h
Lugar: Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (Ferrol)

O proxecto TWIN NAVAUX, cofinanciado polo programa POCTEP 2021 – 2027, enfócase na promoción do uso do xemelgo dixital (Dixital Twin) na industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal, e pretende establecer as condicións tecnolóxicas e de capacitación do persoal necesarias para facilitar a implantación masiva de modelos de xemelgo dixital de produto, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorexión.

Neste proxecto participa a Axencia Galega de Innovación como beneficiario principal e os socios Asociación Clúster do Naval Gallego (ACLUNAGA), Universidade da Coruña (UDC), Centro de Apoio Tecnolóxico à Indústria Metalomecânica (CATIM), Universidade Portucalense Infante Dom Henrique, Ibercisa Deck Macvhinery SA, Industrias Ferri SA e Electrorayma SL.

Os Dixital Twin permiten, entre outros moitos beneficios: reducir erros de deseño, baseándose nos datos recolleitos ao longo do tempo; mellorar o funcionamento dos equipos, baseándose nos devanditos datos e en múltiples simulacións virtuais e optimizar custos, porque se alcanzan deseños optimizados e pola redución dos fallos dos equipos cando se atopan en funcionamento.

Agárdase que o mercado global dos Dixital Twin pase de $2.100 millóns en 2022 a $183.000 millóns en 2023. Ante estas cifras, a importancia de estar ao día nesta tecnoloxía é evidente para calquera fabricante.

Dentro dun Dixital Twin de produto podemos atopar: a caracterización do equipo, a simulación virtual do seu funcionamento completo, a conectividade IoT ou o maching learning, entre outras tecnoloxías innovadoras.

Nesta xornada coñecerase brevemente o proxecto TwIn NavAux, farase un repaso polas ferramentas que SIEMENS pon ao alcance de empresas e centros de coñecemento en relación ao xemelgo dixital, e por ultimo poderedes coñecer en que punto atópanse os desenvolvementos de Xemelgo Dixital de NAVANTIA.