31
Out

Como pode contribuír a propiedade industrial a unha mellor comercialización do teu produto

Online

Engadir ao calendario

Título: Xornada Online: Como pode contribuír a propiedade industrial a unha mellor comercialización do teu produto
Data: 31 de outubro de 2023
Horario: de 09:20h a 11:30h
Lugar: online
Custo: de balde

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro aborda como a propiedade industrial pode ser un factor clave para o desenvolvemento das organizacións, ao permitirlles protexer a súa actividade innovadora, materializada en novos produtos, procedementos ou deseños, mediante a explotación e uso en exclusiva dos seus produtos e servizos.

O fin último da propiedade industrial non é a protección en si mesma, senón rendibilizar o investimento e obter beneficios.Neste taller analízase como a propiedade industrial contribúe a mellorar a comercialización dun produto, por exemplo en termos de identificación da competencia, selección de mercados emerxentes e detección de novas oportunidades comerciais.

A xornada será impartida polo docente SERGIO LARREINA, director de consultoría estratéxica en ISERN Patentes e Marcas. Anteriormente, foi director de consultoría tecnolóxica en PONS Patentes e Marcas e director corporativo de intelixencia tecnolóxica en Clarke, Modet & Co. Ademais, é docente habitual en materia de Intelixencia Competitiva e Propiedade Industrial en relevantes universidades e escolas de negocio.