24
Out

Presentación da Consulta Preliminar ao Mercado 2023 da Civil UAVs Initiative

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Evento de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado 2023 da Civil UAVs Initiative
Data: 24 de outubro, 11:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación e online

Evento de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado 2023 da Civil UAVs Initiative, publicada o pasado 13 de outubro, para seguir incorporando as vantaxes das tecnoloxías de sistemas e vehículos non tripulados nos servizos públicos galegos. Este proceso de consultas realízase para procurar novos proxectos que poidan ser financiados a través da liña FID do Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Programa Operativo Plurirrexional FEDER 21-27.

Os 5 retos aos que se propón dar resposta son:

  • Reto 1: Terras produtivas e Protección da paisaxe
  • Reto 2: Parque Natural Illas Atlánticas
  • Reto 3: Repoboación e Patrimonio natural
  • Reto 4: Estradas Seguras
  • Reto 5: Sociedade Segura

Para asistir de xeito presencial deberá inscribirse nesta ligazón.

Esta é a ligazón onde poderá realizar a súa inscrición para asistir online.

Atopará o texto íntegro da Consulta na web da Civil UAVs Initiative: https://www.civiluavsinitiative.com/contratacion/rfis-consultas/.