3
Out

Eleva a túa vixilancia e intelixencia estratéxica con ferramentas avanzadas

On line

Engadir ao calendario

Título: Eleva a túa vixilancia e intelixencia estratéxica con ferramentas avanzadas
Data: 03/10/2023
Hora: 9:20h. – 12:00h.
Prezo: gratuíto
Lugar: en liña

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN, dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro estará dedicada aos recursos e ferramentas de soporte á Vixilancia e Intelixencia Estratéxica.

Hoxe en día é fundamental captar, procesar e transformar en coñecemento útil a gran cantidade de datos e información dispoñible para a toma de decisións dentro dunha organización ou institución, para iso, as ferramentas de vixilancia tecnolóxica son un instrumento imprescindible. Este obradoiro ofrecerá aos asistentes a oportunidade de coñecer os recursos e ferramentas que existen para dar soporte ao ciclo de vixilancia, á vez que lles achegará os criterios necesarios para poder elixir os máis adecuados en cada caso.

A xornada será impartida pola relatora ANGÉLICAPEZ, coordinadora de servizos de Intelixencia Competitiva en TECNALIA Research & Innovation. Nesta posición, coordina actividades e xestiona proxectos para empresas e entidades de innovación, tanto a nivel rexional e nacional como europeo. Traballa no ámbito da vixilancia, a análise de tendencias tecnolóxicas e de mercado, o desenvolvemento de observatorios tecnolóxicos ou a definición e despregamento de unidades de vixilancia e procesos de VIE. Ademais, ten unha ampla traxectoria como formadora no ámbito da VIE para institucións públicas e empresas privadas.