13
Set

Bootcamp: Proceso de decisión para a adquisición de tecnoloxías complexas (PORTUGAL)

Online

Engadir ao calendario
  • Titulo: Bootcamp: Proceso de decisión para a adquisición de tecnoloxías complexas (PORTUGAL)
  • Data: 13 de setembro de 2023
  • Lugar: Online
  • Hora: 10:00h a 14:45h

Navegando o Futuro é un proxecto europeo que busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para alcanzar esta meta, estánse a realizar diferentes accións, entre elas sesións de formación e bootcamps destinados a facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías complexas en pemes da industria naval.

Os bootcamps teñen como obxectivo mellorar os procesos empresariais antes de dixitalizalos (evitar a automatización de desperdicios), elixir a tecnoloxía adecuada de acordo ás súas necesidades e controlar a xestión do cambio para beneficiarse plenamente da tecnoloxía. O obxectivo é poñer en práctica os conceptos de mapeo da cadea de valor e análise da madurez dixital das empresas participantes, a través dun caso práctico que abarque tanto os fluxos físicos como os de información.

Ademais, xerarase a capacidade de mapear a cadea de valor actual e medir e cuantificar as diferentes oportunidades de mellora, tendo en cuenta os inputs tecnolóxicos dispoñibles. Como resultado, obterase un plan de implementación a través das metodoloxías de traballo Eventos Kaizen e Proxectos Tecnolóxicos.

Máis información e inscricións: aclunaga@aclunaga.es