20
Set

Tecnoloxías Transformadoras para Innovar nos próximos anos

Online

Engadir ao calendario
  • Titulo: Tecnoloxías Transformadoras para Innovar nos próximos anos
  • Data: 20 de Setembro de 2023
  • Lugar: Online
  • Hora: 17:00h a 19.00h

A Confederación Empresarial de Ourense e e a Axencia Galega de Innovación, convidámoste á sesión en liña TECNOLOXÍAS TRANSFORMADORAS PARA INNOVAR NOS PRÓXIMOS ANOS que se celebrará o vindeiro mércores 20 de setembro en horario de 17:00 a 19:00 horas no marco da iniciativa Conecta Ourense.

O obxectivo do taller é proporcionar aos asistentes unha comprensión profunda e aplicada de como as tecnoloxías transformadoras son un motor de innovación para os modelos operativos das pemes, cun enfoque especial na Internet das Cousas (IoT), Realidade Aumentada (RA), Sensores, Robótica e Intelixencia Artificial (IA). A través de exemplos prácticos que desmitifican a complexidade, análise de estudos de caso que revelan as súas aplicacións reais e diálogos interactivos que fomentan o pensamento crítico, os participantes descubrirán as tecnoloxías que poden transformar de xeito disruptivo o negocio e como se poden integrar de forma rápida nos seus procesos para crear solucións innovadoras e sostibles nun mercado altamente dinámico e competitivo no que a innovación é un factor determinante para o éxito e a supervivencia das empresas.