Eleva a túa vixilancia e intelixencia estratéxica con ferramentas avanzadas
3 de Outubro
Título: Explorando los límites del Hardware RX
Data: 19/09/23.
Hora: 09:00 – 19:00h.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
O día 19 de setembro celebrarase no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol un evento no que o público asistente poderá probar diferentes hardwares de realidade virtual, aumentada e mixta.
O evento compoñerase dunha mesa redonda, unha exposición de empresas e entidades relevantes de diversos sectores que mostarán os seus desenvolvementos con tecnoloxías RX, charlas temáticas e reunións B2B entre profesionais e entre empresas e profesionais e futuros profesionais.
No seguinte link podes atopar máis información sobre esta xornada, reservada a profesionais e estudantes de universidade e FP, así como o acceso á inscrición na mesma.