3
Out

Evento de reunións B2B virtuais no marco de CONXEMAR 2023

On line

Engadir ao calendario

A Axencia Galega de Innovación en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia, a través do Consorcio EEN-GalacteaPlus do proxecto europeo Enterprise Europe Network [EEN] organizan do 3 ao 5 de outubro o Evento de reunións B2B virtuais no marco da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados CONXEMAR 2023.

Estas xornadas permitirán aos participantes obter de forma gratuíta unha axenda de reunións que constituirá unha oportunidade única para:

  • Establecer contactos con socios potenciais de negocios internacionais e nacionais
  • Coñecer novas tecnoloxías presentes no sector
  • Comezar proxectos de cooperación tecnolóxica e/ou empresarial

Esta actividade forma parte das accións que se levan a cabo dentro do proxecto europeo Enterprise Europe Network no que participan preto de 600 entidades de máis de 60 países da UE e asociados.

Animámoste a participar!