8
Set

Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (online)

On line

Engadir ao calendario

Título: Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (online)
Data: de outubro a decembro de 2023
Prazo presentación solicitudes: ata o 8 de setembro de 2023

Este novo Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (HCS) amplía a liña de formación e desenvolvemento profesional que impulsa o Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento cunha acción que contempla as especificidades dos procesos de valorización e comercialización de capacidades e resultados de investigación nestas disciplinas.

Vai dirixido ao persoal investigador e ao persoal xestor de transferencia que traballa en centros de coñecemento do ecosistema de I+D+i de Galicia dedicados a disciplinas de Humanidades e Ciencias Sociais (HCS): arte, historia, dereito, economía, psicoloxía, comunicación…

O seu obxectivo é axudar a transformar os resultados da investigación en HCS en produtos e servizos útiles para a sociedade, ofrecendo un conxunto de coñecementos e ferramentas necesarios para achegar esa investigación ao mercado e á sociedade.

Este programa, que ten carácter gratuíto, ofrece 30 prazas para participar en sesións de formación e obradoiros, en formato en liña. Ademais, ofrece un servizo de mentoría especializada para 5 proxectos. O programa inclúe tamén unha sesión presencial final na que se presentarán os proxectos mentorizados.

Para participar no programa formativo será necesario enviar ao enderezo de correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal o formulario de inscrición (pdf); as persoas inscritas na xornada do 11 de xullo deberán remitir de novo o formulario confirmando o seu interese na cuadrícula habilitada. Ademais, as persoas interesadas en acceder ao servizo de mentoría deberán enviar tamén unha una breve memoria descritiva do proxecto; a tal efecto facilítase o guión de contidos (pdf).

O prazo de inscrición finaliza o 8 de setembro de 2023 ás 14:00h.