4
Xul

Webinar xornada informativa da convocatoria recuperación excelencia NEOTEC para o ano 2023

Online

Engadir ao calendario

Título: Webinar xornada informativa da convocatoria recuperación excelencia NEOTEC para o ano 2023
Data: 04 de xullo de 2023
Lugar: online
Hora: 12:00h a 13.00h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o próximo 4 de xullo unha xornada informativa para presentar a nova convocatoria Recuperación Excelencia NEOTEC para o ano 2023.

O obxectivo desta xornada é presentar a nova convocatoria e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características da mesma, así como resolver as dúbidas que poidan xurdir.

Este programa vai dirixido a entidades que superaron os limiares mínimos do programa de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras NEOTEC e NEOTEC Mulleres Emprendedoras do CDTI, nas devanditas convocatorias do ano 2022.