8
Xuñ

Financiamento da I+D+i: axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2023

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Financiamento da I+D+i: axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2023
Data: 8 de xuño de 2023
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n. 15702 Santiago de Compostela)
Horario: 11:30 a 13:30

Nesta xornada, que inaugurarán Patricia Argerey, en representación da Xunta, e Juan Antonio Tébar, en representación do CDTI, presentaranse os programas de apoio á I+D e á innovación empresarial tanto de CDTI como da Axencia Galega de Innovación para este ano 2023. Ademais exporanse as oportunidades do Programa Horizonte Europa para 2023-2024. Clausurará a xornada o vicepresidente primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde. Como novidade, este ano contaremos coa charla inspiradora de Alfons Cornella, Fundador de Infonomia.com e un dos maiores expertos en innovación do país. É autor, entre outros, do best-seller Como innovar sen ser Google