7
Xuñ

III Encontro Oportunius: Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC)

Hotel monumento San Francisco

Engadir ao calendario

Título: III Encontro Oportunius: Impulso da CienciaGalega Excelente enmarcadano EuropeanResearchCouncil (ERC)
Data: 07/06/2023
Hora: 11.00 h – 13.30 h
Tipo de evento: Presencial
Inscrición: dispoñible nesta ligazón

A Axencia Galega de Innovación celebrará o 7 de xuño de 2023 no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, o III Encontro Oportunius, titulado “Oportunidades para unha carreira científica excelente en Galicia”.

O Programa Oportunius é unha iniciativa abordada pola Xunta de Galicia que busca atraer talento investigador a Galicia a través de condicións atractivas e de retorno, coa colaboración do Sistema Universitario Galego (SUG), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e outros organismos de investigación galegos.

O obxectivo deste acto é informar sobre o impacto que están a ter as axudas de European Research Council (ERC) en relación co impulso da ciencia de excelencia na nosa comunidade, así como a Xunta de Galicia está a colaborar a optimizar o devandito impacto a través deste programa.

O encontro será presidido por Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia. Contarase coa participación de Borja Izquierdo Alonso, como representante da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), para falar do posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC.

Así mesmo, abordarase un conxunto de charlas Oportunius sobre as axudas do ERC e o seu impacto no sistema de ciencia e innovación de Galicia, impartidas polo persoal investigador dos proxectos finalistas e con proxectos deste programa.

III Encontro Oportunius