30
Mai

Encontros de tecnoloxías innovadoras: Diseccionando un Xemelgo Dixital Intelixente

Online

Engadir ao calendario

Título: Encontros de tecnoloxías innovadoras: Diseccionando un Xemelgo Dixital Intelixente
Data: martes, 30 de maio de 2023
Modalidade: Online
Horario: de 9:30 a 11:30 h
Prazo de inscrición: ata 29 de maio

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación organiza o vindeiro martes 30 de maio o segundo Encontro de Tecnoloxías Innovadoras 2023.

Como continuación do encontro anterior, no que contamos con expertos de diversos sectores como naval, aeronáutico, ou automoción, que explicaron o seu concepto de Xemelgo Dixital (apreciando as diferencias segundo a tipoloxía de industria), esta xornada pretende mostrar un enfoque do que o CIS Tecnoloxía e Deseño considera que debe ser un Xemelgo Dixital Intelixente (GDI); qué tecnoloxías debe involucrar; e como se integran para conseguir un Xemelgo Dixital realmente avanzado.

Nesta xornada contaremos coa experiencia de Alicia Munín, docente da Escola Politécnica de Enxeñería da UDC, con David García Selfa, coordinador do proxecto FNS no Centro de Supercomputación de Galicia, e con David de la Varga, responsable de I+D na empresa Detegasa, que mostrará un caso real de GDI.