21
Xuñ

Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships HE

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships HE
Data: mércores, 21 de xuño de 2023
Lugar: Axencia Galega de Innovación, Salón de Actos (Rúa Airas Nunes, s/n – 15702 Santiago de Compostela) e online
Horario: de 10:00 a 12:00 h

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as oportunidades que ofrece unha das grandes novidades de Horizonte Europe (HE), que son os chamados novos partneriados cofund. Son grandes alianzas temáticas (economía azul, seguridade da auga, biodiversidade, transición cara a enerxía limpa, transición urbana, etc.), que realizan convocatorias de axudas para proxectos con fondos que non proveñen de HE pero que están aliñados con eles.

Nesta ocasión, presentamos os partenariados que xa están en marcha, aínda que irán aparecendo outros, con outras temáticas, convocatorias e fondos.

Entre os contidos que se abordarán, atópanse a estrutura e tipoloxía de proxectos que se financian a través deste instrumento; as temáticas das convocatorias de 2023/24; as condicións de participación e financiamento que ofrece CDTI e as claves para a preparación de propostas.

As entidades que o soliciten, poderán manter unha reunión bilateral cos puntos nacionais de contacto de CDTI para os partenariados cofinanciados por HE.

Pola variedade de temáticas e tipoloxía de proxectos que poden financiar os partenariados, a xornada é de interese para calquera entidade.