24
Feb

Foro Ignicia 2023: Impulsando a transferencia de coñecemento en Galicia

Fundación Barrié (A Coruña)

Engadir ao calendario

Título: Foro Ignicia 2023: Impulsando a transferencia de coñecemento en Galicia
Data: 24 de febreiro de 2023
Lugar: Salón de actos da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña)
Hora: 10:30h-13:30h

Da man de recoñecidos relatores nacionais e internacionais, no Foro Ignicia 2023: Impulsando a transferencia de coñecemento en Galicia amosaremos o carácter pioneiro da nosa Comunidade neste ámbito, daremos a coñecer algunhas das próximas accións do Programa Ignicia para 2023 e 2024, presentaremos oportunidades para o financiamento internacional de proxectos de transferencia e contaremos coa presenza de varias start-ups Ignicia, que nos contarán a súa experiencia. Así mesmo, será a ocasión para presentar o Comité Asesor do Programa Ignicia.

Ademais, aproveitaremos para recordar que continúa aberto ata o 28 de febreiro o prazo de solicitude da Convocatoria Proba de Concepto, instrumento de apoio económico do Programa Ignicia que facilita a chegada ao mercado das investigacións galegas.

O Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, promovido desde 2016 pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié, ten como obxectivo transferir os resultados da I+D xerada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo, de xeito que se valorice o investimento en ciencia, xerando tamén impacto na sociedade.