13
Feb

Xornada monográfica do Polo Aeroespacial de Galicia e Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial

Centro de Investigación Aeroportada de Rozas, Castro de Rei (Lugo)

Engadir ao calendario

Título: Xornada monográfica do Polo Aeroespacial de Galicia e Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial
Data: 13 e 14 de febreiro 2023
Lugar: Hangar do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas, Castro de Rei (Lugo)

O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), en Castro de Rei, Lugo, acollerá un evento monográfico sobre o Polo Aeroespacial de Galicia coincidindo co V Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial (CIAG) do Consorcio Aeronáutico Galego.

O Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, será o encargado de inaugurar a xornada do día 13 na que se presentarán os programas de I+D+i de Airbus, Babcock e Telespazio, da man das propias compañías e os seus consorcios.

Pola tarde, será o turno para a presentación das novas solucións mediante UAVs para os servizos públicos da Xunta, e como colofón a Business Factory Aero (BFAero), dará a coñecer os proxectos de Aguia, Beagle e Fuvex.

Pola súa parte, o día 14 de febreiro, no marco do V CIAG participarán os principais representantes da industria aeroespacial e aeronáutica, organizacións a nivel mundial e entidades gubernamentais. Tamén se presentarán os diferentes estudos realizados polo Observatorio da Industria Aeroespacial, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co CAG.

Programa provisional (pdf)

Formulario de inscrición