15
Feb

Galicia Avanza. Programa de aceleración para a internacionalización das pemes

Tecnópole

Engadir ao calendario

Título: Galicia Avanza. Programa de aceleración para á internacionalización das pemes.
Data: 15 de febreiro de 2023
Lugar: Salón de actos do edificio CEI do Parque Tecnolóxico de Galicia (TECNOPOLE)
Hora: 9:30h

Este encontro é unha acción do Programa Galicia Avanza, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e o Parque Tecnolóxico de Galicia, no que se darán cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións. O evento está destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia.

Se queres coñecer en que pode axudarche a aceleradora, compartir experiencias cos participantes da 1ª convocatoria, facer networking e informarche dos apoios que Igape e Gain poñerán a disposición este ano 2023, non dubides en asistir.

E ademais, informaremos de que xa está aberto o prazo de solicitudes da 2ªconvocatoria do Programa Galicia Avanza.

Máis información e programa: https://bit.ly/GaliciaAvanza

Para asistir á xornada debese cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón: https://tecnopole.es/gl/evento-galicia-avanza