Título: Entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño
Data: 20/12/2022
Hora: 19.00 h.
Lugar: Hotel Monumento San Francisco, Santiago de Compostela
A Axencia Galega de Innovación celebra o martes 20 de decembro o acto de entrega da terceira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
Durante a cerimonia daranse a coñecer os gañadores e gañadoras destes galardóns, cos que se recoñece o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.
Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou as persoas e empresas finalistas para as categorías das que consta o certame:
Deseño:
- Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector: equipos creativos dos estudios Costa Comunicación Visual, Isaac Piñeiro Meira e MMASA.
- Talento emerxente: creadores e creadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: Raquel Fernández Caamaño, Roberto Costas Fernández e Sara Regal Alonso.
- Empresas: empresas consolidadas que incorporaron o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década: Hifas da Terra, Unvi Carroceros e Vertifil Industrial.
Innovación:
- Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos: Alen Space, Centum Research&Technology e Little Electric Car España.
- Grande empresa: grandes empresas con actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década: Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa), Puentes y Calzadas e Unvi Carroceros.
- Traxectoria innovadora: líderes empresariais e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.
Descubre aos gañadorese gañadoras as en cada categoría asistindo á cerimonia de entrega: