RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 3 de outubro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.
Este programa formativo on-line, consta de 2 cursos, un dirixido a pemes sen experiencia previa na participación no programa Horizonte Europa (11 horas) e outro a pemes con experiencia (14 horas e 1,5 horas de mentoring).
Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado. A selección das entidades participantes se realizará en base á orde de inscrición.
Data límite para a inscrición: 29 de setembro de 2022.
