5
Out

As patentes como fonte clave de información técnico - comercial

On line

Engadir ao calendario

Título: Xornada On- line: as patentes como fonte clave de información técnico – comercial
Lugar: On line
Data: 05/10/2022
Horario: de 09:15h a 12:00h
Organiza: CIS Tecnoloxía e Deseño

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas específicamente a incrementar o coñecemento das empresas. Esta nova xornada estará adicada ás patentes como fonte de información.

A vixilancia estratéxica de patentes permite ás empresas dispor de información sobre o estado da arte das tecnoloxías, coñecer os novos desenvolvementos dos competidores e evitar a re-enxeñería de deseño ou procesos cos seus elevados custos asociados, así como posibles infraccións por violación da protección industrial de terceiros.
Nesta xornada veremos que información conteñen as patentes, onde buscar dita información, analizala e como aplicar os resultados obtidos.

Este taller será impartido por Sergio Larreina, director de consultoría estratéxica en ISERN Patentes y Marcas. Conta con 18 anos de experiencia e é profesor no máster de inteligencia competitiva da Universidad de Zaragoza.

O programa está dispoñible nesta ligazón (pdf).