27
Set

2ª Conversa en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

On line

Engadir ao calendario

Título: 2ª Conversa en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade
Lugar: Online
Data: 27/09/2022
Hora: 11.00 h

A Axencia Galega de innovación e a Fundación DIDAC organizan a segunda cita do ciclo Conversas en rede, unha serie de diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade. Nesta ocasión, os profesionais invitados son a arquitecta Sofía Blanco e o deseñador e artista Joel Blanco.

  • Sofía Blanco. Titulada na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e Máster de Arquitectura do Graduate School of Design da Universidade de Harvard. Traballou nos estudios Christian Kerez Gmbh en Berlín e Ábalos+Sentkiewicz en Madrid, neste último como responsable dos concursos para o Shanghai East Art Museum e o Flying Spine (gañador do primeiro premio). Dende 2018 é profesional independente, con proxectos en Galicia e Portugal. En 2020 foi finalista dos Premios Galicia de Innovación e Deseño na categoría de talento emerxente.
  • Joel Blanco. Formado en Deseño de Produto no IED de Madrid, é Máster en Deseño Contextual pola Academia de Deseño de Eindhoven e actualmente participa no programa Universal Post-Planteraty Design do New Center for Research&Practice. Recoñecido pola revista Forbes na lista dos 40 mellores futuristas de España en 2022, expuxo e traballou en Países Baixos, Italia, Polonia, Estados Unidos, Alemaña e República Checa, ademais de España. Os seus proxectos van desde a arte e o deseño á estratexia e a investigación de tendencias.

Esta conversa será a segunda das citas retransmitidas en streaming para abrir unha ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, da man de deseñadores e deseñadoras galegos novos con gran proxección internacional.

O ciclo de conversas é unha iniciativa desenvolvida no marco da creación da Rede internacional de profesionais do deseño galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.