17
Set

Xornada de Innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3

Engadir ao calendario

Título: Xornada de Innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3
Data: 17/09/2022
Lugar: Alameda de Marín
Hora: 11:30 – 13:30

A Axencia Galega de Innovación propón un conxunto de actuacións participativas abertas a toda a sociedade, co fin de dar a coñecer a nova RIS 3 de Galicia e implicar á cidadanía nesta aposta pola innovación. É por iso que cada unha das actividades lúdicas ofrecidas está relacionada conceptualmente con algún dos tres grandes retos que marcan o futuro de Galicia.

A xornada comezará cun maratón fotográfico para descubrir oportunidades e retos relacionados coa xestión innovadora dos recursos naturais e culturais (Reto1). De seguido terán lugar as clases de cicloindoor baixo a temática do modelo industrial da Galicia do futuro (Reto 2) e tamén dúas sesións de ioga ao aire libre, para poñer de relevo a importancia dun modelo de vida saudable e envellecemento activo (Reto 3).

O evento, que estará conducido pola escritora e xornalista da CRTVG, María Solar, contará coa participación de importantes deportistas como Desirée Vila, Tamara Echegoyen e Irene Trabazo.