29
Xuñ

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grants 2023

On line

Engadir ao calendario
  • Data: 29 de xuño de 2022
  • Hora: de 10:00 h a 13:00 h
  • Prazo de inscrición: ata o 28 de xuño ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación (xunta.gal) Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 29 de xuño celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Starting Grants 2023. No taller participarán Estefanía Muñoz, National Contact Point ERC da FECYT; Jorge de Torres, do Instituto de Ciencias do Patrimonio – CSIC, beneficiario dunha Starting Grant en 2019; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal