22
Xuñ

Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación

Salón de Actos da CEO. Praza das Damas,1 - Ourense

Engadir ao calendario

Título: Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación
Data: 22/06/2022
Lugar: Salón de Actos da CEO. Praza das Damas,1 – Ourense
Hora: 9:30h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), celebran o próximo 22 de xuño unha xornada informativa para presentar a nova convocatoria Programa Bonos de Innovación.

O obxectivo desta xornada é presentar a nova convocatoria e dar a coñecer os requisitos e características da mesma, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Este programa vai dirixido a pemes (micro, pequena e mediana empresa con centro de traballo en Galicia), que realicen actividades de innovación que poidan levar a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para alcanzar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.