29
Xuñ

V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

On line / CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol

Engadir ao calendario
  • Título: V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia
  • Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
  • Data: 29/06/2022
  • Hora: 9:30 – 13:30

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro 29 de xuño a quinta edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia.

O evento, co que a Xunta de Galicia conmemora o Día Mundial do Deseño Industrial, terá formato híbrido presencial-virtual: celebrarase no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) e tamén poderá seguirse en streaming.

A cita está aberta a profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustentabilidade nas súas organizacións.

Nesta edición ponse o foco no deseño como elemento de transformación capaz de facilitar a innovación nas pemes no marco dos obxectivos de desenvolvemento sustentable. Isto conecta directamente coas prioridades do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, no marco do cal se celebra o encontro.

Os asistentes terán ocasión de coñecer a experiencia de empresas galegas que xa están a desenvolver proxectos de aplicación do deseño estratéxico grazas ao apoio do Programa DeseñaPeme da Xunta de Galicia.

Os relatorios estruturaranse en tres bloques:

  1. Futuro dixital e desenvolvemento sustentable.
  2. O rural como motor empresarial e de innovación.
  3. Economía circular e creativa.