21
Xuñ

Xornada – Blockchain, o cambio ao internet do valor. Casos de uso actuais

On line

Engadir ao calendario

Data: 21/06/2022
Horario: 9:30 h – 11:00 h
Modalidade: en liña

Oímos falar de Blockhain principalmente ligado ás transaccións con moedas virtual como Bitcoin ou Ethereum, pero non é esta a súa única utilidade, e no mundo empresarial ten, ou polo menos parece ter, un gran futuro.

O Blockchain é unha tecnoloxía de rexistro distribuído, que permite prescindir de intermediarios para realizar operacións entre diferentes entidades. Isto é posible grazas a que a información é almacenada en distintos sitios dunha rede, e practicamente en tempo real, polo que non pode ser modificada por un único participante.

Non é unha tecnoloxía nova, pois conta xa cuns dez anos de vida, e no mundo empresarial pode axudar no rastrexo das transaccións realizadas entre dúas entidades, engadindo unha capa de confianza ás operacións realizadas entre ambas.

Curiosamente foron bancos e outras entidades financeiras as que comezaron a utilizalos de forma institucional, pero xa hai empresas de todo tipo que o están implementando tanto sobre redes privadas, como híbridas ou federadas.
Non hai un único deseño destas redes. Cada unha delas ten as características que mellor se axustan ás necesidades da ou das empresas usuarias.

Neste evento organizado polo CIS Tecnoloxía e Deseño, no marco do ciclo Encontros de Tecnoloxías Innovadoras, entraremos en contacto con esta e outras tecnoloxías relacionadas, e veremos unha serie de casos de uso que poden proporcionar aos asistentes exemplos de como utilizar o Blockchain na súa entidade.