31
Mai

II Encontro Oportunius

Presencial por invitación e Online

Engadir ao calendario

Título: II Encontro Oportunius: “Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC)”
Data: 31/05/2022
Hora: 11.00 h – 13.15 h
Tipo de evento: Presencial por invitación e Online

A Axencia Galega de Innovación celebrará, o 31 de maio de 2022, o II Encontro Oportunius, baixo o título “Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC)”.

O Programa Oportunius é unha iniciativa da Xunta de Galicia – en colaboración co Sistema Universitario Galego (SUG), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e outros organismos de investigación de Galicia – que ofrece condicións atractivas para reter, retornar e atraer talento científico de primeiro nivel.

O obxectivo deste acto é dar a coñecer o impacto que están a ter as axudas do European Research Council (ERC) no impulso da ciencia de excelencia na nosa comunidade, e como a Xunta de Galicia está a contribuír a maximizar o devandito impacto a través deste programa.

O encontro comezará coas intervencións de Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación e José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidades. Contará coa presentación das principais novidades do Programa de Traballo 2023 das convocatorias de ERC a cargo de José Manuel Fernández de Labastida, Head of European Research Council Scientific Department. A continuación, persoal investigador gañador dunha axuda do ERC achegará a súa experiencia no desenvolvemento dos seus proxectos e o impacto na súa carreira profesional. Por último a clausura do acto contará coa participación do Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde.