Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
Título: Dixitalización e datos no sector primario
Modalidade: Presencial
Lugar de celebración: Auditorio Xosé Neira Vilas, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Data: 01/06/2022
Hora: 10.00 h -13:00 h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) xunto co Hub de innovación Dixital DATALIFE organizan conxuntamente este evento sobre a Dixitalización e datos no sector primario.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer os resultados do diagnóstico de madurez dixital realizado no sector primario galego a través de tres bloques nos que, mediante un formato dinámico, se presentarán e analizarán as principais necesidades de dixitalización dos diferentes ámbitos de actividade que compoñen este sector, así como diversos casos de éxito en dixitalización; rematando cun espazo dirixido aos datos federados dentro do sector primario.
Este evento realizase en colaboración co Cluster TIC e a Big Data Value Association no contexto do proxecto HIBA – HUB IBERIA AGROTECH, cofinanciado ao 75% polo FEDER no marco do Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).