4
Mai

Deseño para a innovación social: novas oportunidades

CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol

Engadir ao calendario

Título: Proxecto Design4Innovation. Deseño para a innovación social: novas oportunidades.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Data: 4 de maio de 2022
Hora: 10:30 – 13:10

O próximo 4 de maio, e no marco do proxecto Interreg Europe Design 4 Innovation, celebrarase de forma presencial no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol un encontro titulado “Deseño para a innovación social: novas oportunidades”, coa finalidade de debater con diversos expertos sobre o impacto que actualmente están a ter as axudas de apoio ao deseño e a mellor orientación que podería darse a futuras accións para conseguir potenciar a innovación social a través do deseño.

Neste encontro contaremos con colaboración de Rodrigo Martínez e Paula Fernández (de Deusto Design Research Group), David Barro (Fundación DIDAC), Leticia Costas (KidCode) e África Rodríguez (Espacio Arroelo).