4
Mai

Xornada informativa programas Innova Peme e Deseña Peme

On line

Engadir ao calendario

Titulo: Xornada informativa programas Innova Peme e Deseña Peme
Data: 4 de maio de 2022
Lugar: Online ou presencial en Lugo, Sede Central Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
Hora: 12:00h

A Axencia Galega de Innovación ( GAIN) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), celebran o vindeiro mércores 4 de maio unha xornada informativa para presentar as principais novidades ​dos Programas Innova Peme e Deseña Peme.

O obxectivo desta xornada é presentar as principais novidades de ambos programas e dar a coñecer os requisitos e características dos mesmos, resolver as dúbidas sobre as convocatorias e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Estes programas van dirixidos a pemes (micro, pequena e mediana empresa con centro de traballo en Galicia), para aumentar a súa capacidade innovadora, a través de implantación de plans de innovación e ferramentas de deseño.

Programa Innova Peme: Destinado ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa.

Programa Deseña Peme: Destinado á mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.