RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Titulo: Convocatorias abertas da iniciativa europea eit urban mobility
Data: 1 de abril de 2022
Lugar: On line
Hora: 10:00h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) organizan unha xornada informativa virtual para dar a coñecer as convocatorias actualmente abertas da iniciativa europea EIT Urban Mobility.
Na xornada presentaranse as seguintes convocatorias, lanzadas no marco da iniciativa EIT Urban Mobility:
CONVOCATORIA INNOVACIÓN
O obxectivo xeral do Programa de Innovación é resolver os retos aos que se enfrontan as cidades europeas, demostrando o valor comercial de solucións ou produtos para resolver os retos de mobilidade urbana. O Programa de Innovación co-crea ideas que levan á proposta de proxectos, á demostración de novas solucións, ao desenvolvemento de living labs e á creación de valor comercial. O Programa apoiará propostas nas áreas de Movilidad Activa, Loxística da Cidade Sostible, Movilidad Futura e Movilidad e Enerxía.
CONVOCATORIA ACELERACIÓN STARTUPS
No marco dos programas de aceleración da EIT Urban Mobility, atópase aberta a convocatoria para startups con ideas de negocio validadas, claras, escalables e innovadoras, que resolvan problemas relacionados coa mobilidade nos seguintes campos: 5 G Technologies; City Logistics; E+ Mobility; Energy & Public Realm; Urban Air Mobility. CTAG, como unha das entidades xestoras dos programas de aceleración, ofrecerá ao final da xornada a oportunidade de levar a cabo reunións bilaterais para asesorar ás empresas interesadas en presentar as súas ideas de proxectos.
Para máis información e inscrición: https://cutt.ly/ctag