17
Mar

Xornada sobre o Programa Neotec e Neotec Mulleres 2022

Santiago de Compostela

Engadir ao calendario

Título: Xornada de presentación dos Programas Neotec e Neotec Mulleres 2022
Data: 17 de marzo de 2022
Lugar: Salón de Actos da Axencia Galega de Innovación
Hora: 09:00h

A Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI) organizan unha xornada de presentación dos Programas Neotec e Neotec Mulleres 2022, para presentar as principais novidades.

As axudas do Neotec 2022, financiarán a posta en marcha de novos proxectos empresariais e á súa vez o Neotec Mujeres financiara tamén a posta en marcha de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras pero liderados por mulleres, en ambos programas se requiren o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía.

A xornada está dirixida a todos os axentes de innovación galegos.

Os interesados en Neotec Mulleres terán a posibilidade de concertar reunións bilaterais para ampliar o detalle do programa.

Para máis información e inscrición:

  • O programa está dispoñible na seguinte ligazón.
  • Formulario de inscrición dispoñible neste enlace

Documentación empregada no evento: