20
Abr

Camiño de futuro: Abegondo

Abegondo

Engadir ao calendario

Título: Camiño de futuro
Data: 20 de abril de 2022
Lugar: Abegondo
Hora: 12:00h

“Camiño de Futuro” é unha iniciativa da Vicepresidencia segunda e Conselleria de economía, empresa e innovación xunto coa Conselleria de Medio Rural e Conselleria de Mar, na que se pon en marcha unha serie de eventos networkings por todo o territorio galego para difundir os distintos instrumentos de apoio ao dispor das empresas galegas para aumentar a súa competitividade e crecemento económico.

Para iso contaremos coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP).

Nestes eventos celebraranse mesas redondas con pemes para dar a coñecer casos de éxito de cada comarca.

O programa do evento está dispoñible nesta ligazón (pdf).
Formulario de inscrición dispoñible neste enlace.